Deforestación.
A deforestación é a destrución a gran escala dos bosques pola acción humana.Millóns de hectáreas degrádanse ou destrúen anualmente. Estas son taladas ou queimadas, aproximadamente no equivalente á superficie dun campo de fútbol cada dous segundos.
Fai 8000 anos había unhas 6000 millóns de hectáreas de bosque .Desde entón destruíronse máis da metade da cuberta forestal da Terra. Das 3000 millóns de hectáreas que quedan na actualidade só o 40 % son bosques primarios o suficientemente grandes para albergar a flora e a fauna orixinaria sin soportar o perigo da pérdida de biodiversidade. Rusia,Canadá e Brasil albergan o 70 % da superficie deste tipo de bosques
A deforestación non é o mesmo que a degradación forestal ,que consiste na redución da calidade dos montes. Ambos procesos están vinculados e provocan diversos problemas. Poden producir a erosión do solo e a desestabilización das capas freáticas ,o que á súa vez favorece a inundacións ou sequías. Reducen a biodiversidade ,o que resulta especialmente significativo nos bosques tropicais ,que albergan boa parte da biodiversidade do mundo.
Os bosques desempeñan un papel clave no almacenamento do carbono, pois son os pulmóns terrestres. Cando se destrúen, o exceso de dióxido de carbono na atmosfera contribúe ao quencemento global da Terra, e esto conleva multitude de efectos secundarios problemáticos.
Varias poden ser as causas da destrución de bosques primarios. Entre elas atópase a explotación forestal industrial, a minería,a transformación dos bosques en terreos agrícolas, os incendios, as inundacións, a urbanización e a construción de infraestructuras.
A explotación forestal industrial con fins comerciais representa o maior perigo para as fronteiras forestais. Gran parte dos bosques que quedan encóntranse ameazados. A explotación forestal industrial representa por sí sola a maior amenaza para os bosques primarios que quedan no mundo.
Os problemas que resultan maís preocupantes nos países desarrollados son principalmente incendios,as plagas , enfermedades e a contaminación atmosférica
O empeoramento da situación dos bosques debería ser obxeto de grave preocupación en Europa e América del Norte.