Silvicultura.
A Silvicultura (do latín silva, selva, bosque, e cultura, cultivo) é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo; é decir, das técnicas que se aplican ás masas forestais para obtener delas unha producción continua e sostible de benes e servizos demandados pola sociedade. Estas técnicas podense definir como tratamentos selvícolas, cuxo obxetivo é garantizar os principios básicos: a persistencia e melloora da masa (continuidade no tempo e aumento da súa calidade) e o seu uso múltiple. O selvicultor emplea diferentes tratamentos selvícolas en función do que queira obter, como madeira, leña, froitos, calidade ambiental. Por iso, a selvicultura sempre estivo orientada á conservación do medio ambiente e da natureza, á protección de concas hidrográficas, ó mantemento de pastos para o gando e á fruición pública dos bosques. A silvicultura orixina unha producción diversa (diferenza clara coa agricultura), sendo necesaria a compatibilización de todas as produccions e externalizacions que produce. Será oprincipio de preferencia quen dicte a orden dstas, mediante listas de preferencias xerarquizadas.
A silvicultura é moito máis nova que a agricultura. Os señores feudais de Europa Central comezaron a xestionar os seus bosques na Idade Media, con vistas á caza e ao favorecimiento de árbores especialmente valiosas para, por exemplo, a construción de barcos. A silvicultura como unha disciplina científica non emerxeu ata comezos do século XIX, cando Alemaña e Francia fundaron as primeiras escolas de enxeñaría forestal.